|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 601061
|
|
Visitantes |
|
Temos 1 convidado conectados |
|
|
|
Venres, 03 de Outubro do 2008 |
O BERCIANISMO POLÍTICO CO IDIOMA GALEGO, Por Xabier Lago Mestre, Presidente da asociación Fala Ceibe do Bierzo. O BILINGÜISMO REXIONAL.-
A situación estratéxica da nosa rexión, entre territórios con fortes identidades políticas e culturais, favoreceu a influencia secular destas n'O Bierzo. Como singularidade cultural máis destacada temos a presenza de tres idiomas, o castelán, o galego e o asturo-leonés (os dous últimos orixinários da rexión e muito próximos entre sin, como quase co-dialectos, e o castelán praticamente imposto no século XX).
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 01 de Outubro do 2008 |
|
 A nova auto-estrada que se anda a projectar de Ponferrada ao Barco/Ourense, desenha-se para que por onde ela passar, pois que tem que ser umha desfeita. O impacto ambiental por estes pagos toma-se a chiste, eis a informaçom que via Made in Galiza, chega sobre a construçom de esta nova "infraestrutura" Ponferrada-Ourense, que segundo Tourinho, (esse homem, vai colocar-se na vanguarda das infraestruturas nom só no estado, mas em toda Europa), e o seu colega José Ramon Corral vai-nos fazer lideres de infraestruturas na Europa. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 18 de Setembro do 2008 |
AS SEARAS COMUNAIS NOS MONTES BERCIANOS
por Xavier Lago Mestre Preasidente de fala Ceive Na economía rural berciana tivo moita importancia a explotación do monte, como achega complementaría de recursos para as familias das aldeas das zonas altas. Durante séculos os veciños acudiron ao monte para acadaren variados produtos agrarios, gandeiros e forestais. Foi nas décadas do 60 e 70 do século XX cando a explotación comunal dos montes se desmoronou por mor da emigración de xentes cara a Madrid, Catalunya, Euscadi e demais. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 16 de Setembro do 2008 |
|
Tive lugar en Valladolid, a reunion da Comissón Mista de seguimento do convénio do ensino do galego. Segundo a Consellaria de Educación da Junta de CyL, este ano solicitáron o estudo da língua galega os pais e mais de mais de mil crianzas de Infantil e de Primária no Berzo e na Seabra.
Infelizmente o ensino da lingua galega, própria do Berzo, depende da disponibilidade e do critério dos centros, e infelizmente son ainda muitos os centros onde se pon todo tipo de trabas, alén das que que a legalidade exixe, para ofertar a língua galega, ou a informaçción sobre ela, agacha-se como reiteradamente vimos denunciando publicamente desde Fala Ceive. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 04 de Setembro do 2008 |
|
 Hoje, publicam no Galicia Hoxe o resultado dumha entrevista que figerom a Igor Lugris http://ovniseisoglossas.agal-gz.org, como introduçom ao monográfico que manham publicarám na "Revista das Letras": "Lugrís, a quen GALICIA HOXE lle dedicará o suplemento Revista das Letras desta semana, é un deses escritores que lograron tecer, paseniño, con iniciativas cimentadas na forza da vontade e da inventiva e alén da industria cultural, as súas redes de leitores". IGOR LUGRIS, O COMPANHEIRO POETA QUE ORGULHA A TODOS OS CEIVES E BERZIANOS - e que vivam os vizinhos de Cabanas raras que o compartem no dia a dia
Pois, sob o titular "Crer en nós mesmos", recolhe a jornalista M. Dopico as suas reflexons sobre diferentes temas relacionados com a poesia, a literatura, a arte, a cultura em geral, com Galiza, etc...: "A literatura é, para Lugrís, un xeito de "interpretar o mundo. Non creo que sirva para transformalo, pero si para clarificalo, e iso pode ser a base para mudalo. Esta é a miña opción. Outros poetas teñen outras, tamén válidas. Creo que a poesía non debe procurar a beleza, senón a verdade. Pero non todo é compromiso. Tamén ten que ter unha parte atractiva, evocadora, que te anime a seguir adiante", comentou. As obras deste poeta amosan unha continuidade temática, que xira arredor de varios eixes. Un deles é o amor: os sentimentos, os corpos... que Lugrís conecta con cuestións sociais e políticas como a situación da lingua galega e a súa función alicerzadora da identidade: outra das súas inquedanzas, como a liberdade". Isto foi ontem e hoje pois mais muito mais como veredes ao seguir a notíciae estará acompanhando a quem já saiu até agora: Lucía Aldao, María do Carme Kruckenberg, Rafa Janeiro, Lupe Gómez, Carlos Lema, Xesús Constela, Ildásio Tavares,... |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 21 de Xullo do 2008 |
O Consello Comarcal analisa coa Xunta un convenio proposto por Fala Ceive para impulsar o galegoA asociación cultural Fala Ceive realizou unha proposta de colaboración entre a Xunta de Galiza e o Consello Comarcal do Bierzo para a promoción do galego a nivel administrativo nesta comarca. O documento será entregue amañá martes( terza feira) dia 22 ao mediodía, na hospedería de San Nicolás de Vilafranca, a parlamentarios galegos encabezados polo presidente da comisión de Educación e Cultura, Bieito Lobeira, e a un grupo de conselleiros do Ente comarcal, encabezado polo seu presidente, José Luís Ramón. Ao acto tamén asistirán organizacións culturais berzianas para propor medidas que impulsen o galego na comarca, principalmente a través de actividades conxuntas e liñas de subvención que estimulen o seu uso. |
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 1 - 10 de 120 | |
|
|
|
|